"A noite estrelada" de Vicent Van Gogh
martes, 31 de mayo de 2011
Visitando museos
Grazas a páxina de google art project podemos visitar algúns museos do mundo e ver as obras de arte que aí expoñen. Pinchade no enlace para poder acceder a páxina: http://www.googleartproject.com/.
miércoles, 25 de mayo de 2011
O Rap da Lingua
O día do festival das letras galegas fixemos a obra "Todo é un conto" e cantamos O RAP DA LINGUA de Migallas. Pasámolo moi ben. Aquí vós deixamos o vídeo do rap. A nós gustounos moito facelo.
martes, 24 de mayo de 2011
Repasando os temas de matemáticas
Grazas a esta páxina podedes repasar os temas que demos este ano en matemáticas. Pinchade no debuxo e escollede os exercicios que queredes facer. Tamén hai exercicios para repasar o tema que estamos dando agora.
lunes, 23 de mayo de 2011
Comercio e transporte
Para repasar o tema de comercio e transporte (establecementos comerciais, medios de transporte e consumo responsable) podedes realizar esta actividade Jclic que forma parte do proxecto "Clarión, pizarra digital" .
Pero ollo, as actividades están en castelán. (Pincha na imaxe para acceder as actividades).
Pero ollo, as actividades están en castelán. (Pincha na imaxe para acceder as actividades).
domingo, 22 de mayo de 2011
Cambio climático
Aquí vos deixo o vídeo que vimos na clase sobre cambio climático e que tantos vos gustou. É importante velo de vez en canto para recordar que temos que coidar o noso planeta.
jueves, 19 de mayo de 2011
Pintar o muro da pista verde
Durante esta semana entre os rapaces e rapaces do colexio estamos pintando o muro do patio.
Manchámonos un pouco as mans pero quedamos moi contentos co resultado.
miércoles, 18 de mayo de 2011
Letras Galegas 2011: Lois Pereiro
Durante esta semana no colexio celebramos a semana das Letras Galegas. Temos un montón de actividades organizadas.
Para saber máis sobre Lois Pereiro e as Letras Galegas podedes pinchar nestes enlaces, e de paso xogar un pouco con estas actividades LIM que nos ofrece o Seminario Galán.
http://seminariogalan.org/inicio/ver/166
http://seminariogalan.org/inicio/ver/165
Para saber máis sobre Lois Pereiro e as Letras Galegas podedes pinchar nestes enlaces, e de paso xogar un pouco con estas actividades LIM que nos ofrece o Seminario Galán.
http://seminariogalan.org/inicio/ver/166
http://seminariogalan.org/inicio/ver/165
miércoles, 11 de mayo de 2011
Exposición sobre a India
Este ano no colexio fixemos un proxecto de interculturalidade. Cada ciclo escolleu un pobo ou país para disfrazarse. Nós os de 2º ciclo fomos de Hindús. Antes do Entroido e despois estivemos investigando sobre o India e os seus pobos. O día 29 de marzo expuxemos todo o noso traballo diante de todos os rapaces e rapazas do colexio. Aquí vós deixamos unhas cantas fotos do Entroido e do día da exposición.
EXCURSIÓN A CABANA!
O xoves 14 de abril fomos de excursión cos compañeiros de 4º de primaria a visitar o Dolmen de Dombate, o castro A Cidá de Borneiro e a potabilizadora. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas interesantes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)