martes, 20 de marzo de 2012

miércoles, 28 de diciembre de 2011

As actuacións de nadal!

No festival de nadal fixemos dúas actuacións:

-Recitamos un poema : "O camello de Melchor"



-Cantamos un villancico en francés: "L´as-tu vu?"

Repasar a acentuación.

Durante estas vacacións tamén hai que seguir repasando o que aprendemos durante este primeiro trimestre. Así que ánimo!

domingo, 11 de diciembre de 2011

Actividades para nadal

Atopei esta actividade no blog de Belén Junquera (actividades LIM). A verdade é que está moi ben e decidín colocalo no noso para que poidades xogar e aprender.

http://dl.dropbox.com/u/14722558/NADAL/nadal.html

lunes, 31 de octubre de 2011

miércoles, 12 de octubre de 2011

Visitando o noso sistema solar!

Dende esta páxina poderedes dar unha volta polo noso sistema solar e imaxinar que voamos entre os seus planetas..... que o pasedes ben.

domingo, 5 de junio de 2011

TIC TAC

Para aprender a ler ben as horas podedes practicar con estes dous xogos moi divertidos.



A comprar!


Aquí vos deixo un xogo para practicar cos euros espero que vos guste. É moi divertido hai que seleccionar os billetes e moedas para pagar e métense na caixa rexistradora. Cando acabedes de aboar a cantidade de todos os produtos da lista hai que darlle o botón de comprobar.


martes, 31 de mayo de 2011

Visitando museos

Grazas a páxina de google art project podemos visitar algúns museos do mundo e ver as obras de arte que aí expoñen. Pinchade no enlace para poder acceder a páxina:  http://www.googleartproject.com/.

"A noite estrelada" de Vicent Van Gogh

miércoles, 25 de mayo de 2011

O Rap da Lingua

O día do festival das letras galegas fixemos a obra "Todo é un conto" e cantamos O RAP DA LINGUA de Migallas. Pasámolo moi ben. Aquí vós deixamos o vídeo do rap. A nós gustounos moito facelo.

martes, 24 de mayo de 2011

Repasando os temas de matemáticas

Grazas a esta páxina podedes repasar os temas que demos este ano en matemáticas. Pinchade no debuxo e escollede os exercicios que queredes facer. Tamén hai exercicios para repasar o tema que estamos dando agora.


lunes, 23 de mayo de 2011

Comercio e transporte

Para repasar o tema de comercio e transporte (establecementos comerciais, medios de transporte e consumo responsable) podedes realizar esta actividade Jclic que forma parte do proxecto "Clarión, pizarra digital" .  
Pero ollo, as actividades están en castelán. (Pincha na imaxe para acceder as actividades).